Aviso legal
Páxina web editada polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA), con domicilio na rúa Banquete de Conxo, 6 baixo, en Santiago de Compostela (A Coruña) e CIF nº Q-1500352-H.
O COBGA é unha corporación de dereito público sen ánimo de lucro, constituída a partir do Real Decreto 1679/2000, do 2 de outubro, polo que se acorda a segregación da Delegación de Galicia do Colexio Oficial de Biólogos e o Decreto 237/2003, do 27 de marzo, polo que se crea o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Os seus Estatutos foron aprobados polo Decreto 150/2008, do 3 de xullo e publicados no DOG nº 141, do 22 de xullo de 2008.
A páxina web do COBGA ten como finalidade facilitar, aos seus colexiados e demais usuarios, información relativa ás súas actividades corporativas e profesionais.
Determinadas partes da páxina web contan con acceso reservado aos colexiados, mediante un identificador de usuario e un contrasinal. Polo tanto, os usuarios non colexiados poden visitar as seccións públicas da web, estándolles vetado o acceso ás zonas exclusivas para colexiados, agás que foran autorizados mediante a asignación dun identificador de usuario e un contrasinal.
O colexiado ou usuario responsabilízanse da confidencialidade e do uso do contrasinal, sen que o COBGA asuma en ningún momento os posibles danos e lesións a terceiros que puidera provocar a súa perda ou mal uso. No caso de perda, pode poñerse contacto co Colexio a través do enderezo info@biologosdegalicia.org.
Os contidos totais ou parciais desta web non poderán ser reproducidos, distribuídos, comunicados publicamente en forma algunha nin almacenados sen previa autorización expresa e por escrito do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Non obstante, poderase facer un uso exclusivamente privado e persoal dos contidos, sempre que non se empreguen cunha finalidade comercial e/ou lucrativa posterior.
O COBGA non pode garantir a invulnerabilidade absoluta dos seus sistemas de seguridade, por lo que exclúe calquera tipo de responsabilidade por danos e prexuízos de toda naturaleza que poidan derivarse da presenza de virus ou outros elementos susceptibles de producir alteracións no sistema informático (software e hardware), documentos electrónicos e ficheiros do usuario ou de calquera terceiro, incluíndo os que se produzan nos servizos prestados por terceiros a través desta web.
Os usuarios quedan informados de que a utilización dos sistemas electrónicos de transmisión de datos e o correo electrónico non ofrecen garantías absolutas de seguridade. O usuario e o Colexio exonéranse mutuamente de calquera responsabilidade derivada de feitos como a non recepción ou a demora da mesma, o erro ou interceptación das comunicacións.
O contido desta web ten carácter meramente informativo; e, en ningún caso, constitúe asesoramento xurídico ou doutra índole. Neste sentido, o Colexio tratará de que os contidos estean sempre actualizados, aínda que esta pretensión non sempre se alcanzará, en particular no caso dos contidos de carácter normativo.
A función dos links ou enlaces que aparecen nesta páxina é só a de informar ao usuario sobre a existencia doutras fontes de información sobre a materia en Internet, onde poderá ampliar ou completar os datos ofrecidos na mesma. O COBGA non se fará responsable do resultado obtido a través dos devanditos enlaces.
O COBGA non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos enlazados dende a súa páxina web, nin garante a ausencia de virus ou doutros elementos nos mesmos que poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), nos documentos ou os ficheiros do usuario.
Protección de datos persoais. O tratamento de datos persoais nesta páxina web cumpre coas esixencias establecidas na lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. O COBGA empregará os datos persoais recollidos nas diferentes seccións só para o cumprimento da finalidade expresada nos correspondentes formularios de recollida de datos e nos seus Estatutos, podendo o usuario exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición enviando un correo electrónico ao enderezo info@biologosdegalicia.org.
Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA)
CIF nº Q-1500352-H
rúa Banquete de Conxo, 6 baixo
15706 Santiago de Compostela (A Coruña)
info@biologosdegalicia.org
Tel: 981 531 440
Fax: 981 534 225