|
formato para impresión...............................
QUE
É O COLEXIO
O Colexio Oficial de Biólogos (COB)
é unha corporación de dereito público sen ánimo
de lucro, creada pola lei 75/1980, de 26 de decembro (BOE do 10/1/1981).
Os seus Estatutos definitivos aprobáronse no Real Decreto 693/1996,
do 26 de abril (BOE do 23/5/1996). Os seus fins esenciais e fundamentais
son:
> A ordenación, no ámbito da súa competencia,
do exercicio da profesión de Biólogo e a defensa
dos intereses profesionais dos colexiados
> A promoción, salvagarda e observancia dos
principios deontolóxicos e éticos da profesión.
> A promoción e fomento do progreso da Bioloxía,
do desenvolvemento científico e técnico
da profesión, da solidariedade profesional e do
servizo da profesión á sociedade.
> A colaboración cos poderes públicos
na
consecución dos dereitos individuais e colectivos
recoñecidos pola Constitución.
Estructura
O COB está actualmente en fase de transformación e descentralización.
Ata o momento está formado por Delegacións Administrativas
(representadas por un Delegado), distribuídas ó longo
do territorio español. Teñen atribucións outorgadas
pola Xunta de Goberno, con sede central en Madrid. A nova estructura
estará composta por Colexios Territoriais, que terán independencia
administrativa e estarán unidos por un Consello Xeral.
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia
abriu as súas portas no ano 1987. Na actualidade conta con máis
de 1.400 colexiados. O número total de colexiados no Estado español
achégase a 12.000.
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia
é membro da Unión Profesional de Galicia, da Sociedad
Española de Ciencias Forestales, da Asociación Española
de Arboricultura e da Rede Galega de Bioinformática.
|