formato para impresión...............................

 


CÓMO COLEXIARSE    





Documentación necesaria


· Tres fotografías

· (*) DNI

· (*) Orixinal + copia do Título de Licenciado (e no seu caso o de Doutor).

· Se aínda non se posúe o Título, deberá presentarse unha Certificación do Pagamento dos Dereitos de Expedición do Título + copia.

· Informe de Situación Administrativa,expedida polo Servicio Galego de Colocación, se se é demandante de emprego. (NON fotocopiada tarxeta de demandante de servicios)

· Nº de conta bancaria:20 díxitos e enderezo da sucursal.

· Impresos, que facilitará o Colexio


No caso de que a colexiación se faga por correo, a documentación marcada con un asterisco (*) deberá vir compulsada por un notario (única e exclusivamente)




Cota de inscrición



13 € Licenciados nos últimos 12 meses
32 € Licenciados hai máis dun ano
2 € Colexiados procedentes do Colexio de Doutores e Licenciados

Presentarán ademais o último recibo de pago



O pago da cota de inscrición farase en efectivo no Colexio, no momento da colexiación. Poderase enviar un xiro postal no caso da colexiación por correo




Cotas anuais de colexiación



50 € Colexiados en paro
80 € Colexiados que traballen



O cobro da cota anual de colexiación pásase polo banco. Emítense dous recibos ó ano: un en xaneiro, pola metade do importe correspondente, e outro en xullo, pola outra metade.

No momento da inscrición, abonarase a parte proporcional da cota de colexiación (dende o mes de colexiación ata o mes en que se emite o seguinte recibo), a razón de 4,17 €/mes para colexiados en paro e 6,67 €/mes para colexiados que traballan.



 
 
[ Grand Sole, a bordo do Radoche Tercero. Campaña "Descartes en buques comerciales en aguas de la UE". Chimaera mostrosa.II/2004 ]