Requisitos, cotas e formularios
No caso de que a colexiación se faga por correo, a documentación marcada cun asterisco (*) deberá estar compulsada por un notario (única e exclusivamente).
O pago da cota de inscrición farase en efectivo no Colexio, no momento da colexiación. Poderase enviar un xiro postal no caso da colexiación por correo.
O cobro da cota anual de colexiación pásase polo banco. Emítense dous recibos ao ano: un en xaneiro, pola metade do importe correspondente, e outro en xullo, pola outra metade.
No momento da inscrición abonarase a parte proporcional da cota de colexiación (dende o mes de colexiación ata o mes en que se emite o seguinte recibo): 5,00 €/mes para colexiados en paro e 8,34 €/mes para colexiados que traballan.
Estes formularios deberán ser impresos, cubertos, presentados ou enviados por correo postal ao Colexio xunto co resto de documentos.