formato para impresión...............................




ÓRGANOS DE GOBERNO    




Os Órganos de Goberno son a Asemblea Xeral e a Xunta da Delegación, segundo indica o Regulamento de Réxime Interno.


A Asemblea Xeral é o órgano de expresión da vontade da Delegación, e está constituída pola totalidade dos colexiados. Os acordos da Asemblea Xeral obrigan a tódolos seus membros. As súas principais funcións son:

> Coñecemento e aprobación da Memoria ou Informe Anual que presentará a Xunta da Delegación


> Proposta dos proxectos de Orzamento e Contas do ano
e Gastos extraordinarios


> Proposta do proxecto de Regulamento de Réxime Interno, elaborado pola Xunta da Delegación


> Propoñer e supervisar aa creación e funcionamento
das Comisións e Grupos de Traballo



A Xunta da Delegación é o órgano encargado de executar, dirixir e cumprir os acordos da Asemblea Xeral. Asume a dirección e administración da Delegación con suxección ó establecido no Regulamento de Réxime Interno e nos Estatutos do COB.


Está constituída por un/unha Presidente/a (que será o Delegado/a do COB en Galicia), un/unha Vicepresidente/a, un/unha Secretario/a, un/unha Tesoureiro/a e un mínimo de tres vocais; elixidos para un mandato de dous anos.


As funcións da Xunta da Delegación son, en esencia, as seguintes:


> Representar os intereses profesionais diante dos poderes públicos, así como velar pola proxección pública, o prestixio da profesión e a defensa dos seus dereitos


> Manifestar en forma oficial e pública a opinión da Delegación nos asuntos de interese profesional


> Organizar as actividades e servizos de carácter cultural, profesional, asistencial e de previsión, en beneficio dos colexiados

 
 

[ follas de rebolo ]