___________________________________________________________________________________________
ÓRGANOS
DE GOBERNO
Os Órganos de Goberno
son a Asemblea Xeral e a Xunta da Delegación, segundo
indica o Regulamento de Réxime Interno.
A Asemblea Xeral é o órgano de expresión da
vontade da Delegación, e está constituída pola totalidade
dos colexiados. Os acordos da Asemblea Xeral obrigan a tódolos
seus membros. As súas principais funcións son:
> Coñecemento e aprobación da Memoria ou Informe
Anual que presentará a Xunta da Delegación
> Proposta dos proxectos de Orzamento e Contas do ano e Gastos extraordinarios
> Proposta do proxecto de Regulamento de Réxime Interno,
elaborado pola Xunta da Delegación
> Propoñer e supervisar aa creación e funcionamento
das Comisións e Grupos de Traballo
A Xunta da Delegación é o órgano encargado
de executar, dirixir e cumprir os acordos da Asemblea Xeral. Asume a dirección
e administración da Delegación con suxección ó
establecido no Regulamento de Réxime Interno e nos Estatutos do
COB.
Está constituída
por un/unha Presidente/a (que será o Delegado/a do
COB en Galicia), un/unha Vicepresidente/a, un/unha Secretario/a,
un/unha Tesoureiro/a e un mínimo de tres vocais;
elixidos para un mandato de dous anos.
As funcións da Xunta da Delegación son, en esencia, as seguintes:
> Representar os intereses profesionais diante dos poderes públicos,
así como velar pola proxección pública, o prestixio
da profesión e a defensa dos seus dereitos
> Manifestar en forma oficial e pública a opinión
da Delegación nos asuntos de interese profesional
> Organizar as actividades e servizos de carácter cultural,
profesional, asistencial e de previsión, en beneficio dos colexiados
|