Instrucións nova páxina web
A nova páxina web do Colexio está en período de probas e axustes, de xeito que é posible que algunhas seccións non funcionen correctamente. Ademais, presenta varias diferenzas en relación á web anterior. En concreto, agora hai partes restrinxidas aos colexiados, ás que podedes acceder tecleando no cadro de diálogo correspondente unhas claves de Usuario e Contrasinal, cuxo formato recibiredes por correo electrónico, así como as oportunas instrucións ao respecto. Para os que dispoñen de correo-e e aínda non nolo fixeron saber, é o momento para comunicárnolo.
Outra sección nova é "O meu correo", que non estará dispoñible ata o mes de setembro. Os interesados/as en ter unha conta de correo "corporativo" poden ir indicándonolo. As condicións de uso de dita conta e o seu formato publicaranse de xeito oportuno.
Comunicádenos as incidencias ou suxestións que se vos ocurran para mellorar a accesibilidade, navegabilidade… da páxina.
Grazas pola vosa comprensión e colaboración.