A
 
 


Colexio de Biólogos de Galicia



novidades


notas de prensa


declaracións colexiais

hemeroteca


BIOLOXÍA



novidades



artigos de opinión

 

formato para impresión...............................

 

NOTICIAS COLEXIAIS  


Colexio Oficial de Biólogos de Galicia



novidades


>
Estatutos Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

Estatutos Colexio Oficial de Biólogos de Galicia O pasado 20 de outubro de 2006 celebrouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago a asemblea constituínte do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Durante o acto aprobáronse os estatutos provisionais do organismo colexial, que foron remitidos á Consellería correspondente para a súa aprobación definitiva. O acto serviu tamén para confirmar á xunta de goberno en funcións, encabezada pola presidenta, Mercedes Casal Jiménez. A directiva convocará eleccións no prazo de seis meses. Culmínase deste xeito o proceso iniciado en 2003 coa segregación da delegación de Galicia do colexio nacional de Biólogos e a publicación da resolución que creaba o colexio autonómico. Na actualidade o Colexio está integrado por uns 1.600 colexiados que exercen a súa actividade en diferentes ámbitos profesionais, tanto na empresa privada como no exercicio libre ou nas Administracións públicas. Dous de cada tres colexiados teñen entre 20 e 40 anos e o 60 por cento son mulleres.

Descargar Estatutos:
http://www.biologosdegalicia.org/pdf/estatutosgalego.pdf


 

>Aprobado o Decreto polo que se crea o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Goberno galego aprobou o xoves 27 de marzo a creación do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, que se segrega así da entidade que os agrupaba a escala nacional.

Segundo se recolle no Decreto, a segregación terá vixencia dende o momento da entrada en vigor da normativa autonómica de creación do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Con este obxecto, a Delegación de Galicia da entidade de ámbito nacional presentou ante a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local a solicitude de creación do devandito colexio, que terá como ámbito territorial a Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto autorizado establece que a Xunta de Goberno da Delegación de Galicia deberá constituírse como comisión xestora do novo colexio. Esta comisión será a encargada de aprobar, no prazo máximo de seis meses contados a partir da entrada en vigor do devandito texto legal, uns estatutos provisionais. Estes estatutos regularán a Asemblea colexial constituínte e a forma de convocatoria, que deberá ser anunciada, cun mínimo de vinte días de antelación, no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión de Galicia. Unha vez aprobados os estatutos, éstes deberán remitirse á consellería con competencias en materia de colexios profesionais, para que proceda á súa aprobación definitiva.

subir



notas de prensa



Curso de Análises Clínicas

descarga o pdf coas referencias na prensa sobre o Curso de Análises Clínicas


Olimpiada Nacional de Bioloxía

descarga o pdf coas referencias na prensa sobre o Día Meteorolóxico Mundial 2008 (14.04.08 | 15.04.08 | 16.04.08)











subir




declaracións colexiais


Día Mundial da conservación do solo

descarga o pdf coas referencias na prensa sobre o Día Mundial da Conservación do Solo (o peso do arquivo é de 232 K)

Día Mundial do Medio Ambiente


descarga o pdf coas referencias na prensa sobre o Día Mundial do Medio Ambiente (o peso do arquivo é de 1,16 MB)


Día Meteorolóxico Mundial 2008

descarga o pdf coas referencias na prensa sobre o Día Meteorolóxico Mundial 2008 (o peso do arquivo é de 692 KB)


Día Mundial da Auga 2008

descarga o pdf coas referencias na prensa sobre o Día Mundial da Auga 2008 (o peso do arquivo é de 1,43 MB)


Día Mundial da Eficiencia Enerxética 2008

descarga o pdf coas referencias na prensa sobre o Día Mundial da Eficiencia Enerxétiva 2008 (o peso do arquivo é de 504 kB)


Día Mundial dos Humidais 2008

descarga o pdf coas referencias na prensa sobre o Día Mundial dos Humidais 2008 (o peso do arquivo é de 1,65 MB)



Declaración do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas



subir




 
 
 
 | cursos directorio de biólogos | enderezos de interese | noticias colexiais |