| ___________________________________________________________________________________________
NOTICIAS
COLEXIAIS
Colexio Oficial de Biólogos de Galicia
novidades
CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL CONSTITUÍNTE DO COLEXIO DE BIÓLOGOS DE GALICIA
- Estatutos Colexio Oficial de Biólogos de Galicia
O pasado venres día 20 celebrouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago a asemblea constituínte do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Durante o acto aprobáronse os estatutos do organismo colexial, polos que se rexerá dende agora o seu funcionamento. O acto serviu tamén para confirmar á xunta directiva provisional, encabezada pola presidenta en funcións do Colexio, a profesora Mercedes Casal Jiménez. A directiva convocará eleccións no prazo de seis meses. Culmínase deste xeito o proceso iniciado en 2003 coa segregación da delegación de Galicia do colexio nacional de Biólogos e a publicación da resolución que creaba o colexio autonómico. En Galicia hai 1.600 biólogos colexiados, na súa maioría mulleres de entre 20 e 40 anos de idade Na actualidade o Colexio está integrado por uns 1.600 colexiados, que, segundo informan dende o Colexio, exercen a súa actividade en diferentes ámbitos profesionais. É o caso do medio ambiente, a sanidade, a educación, a investigación ou control de calidade, entre outros campos de traballo; tanto na empresa privada como no exercicio libre ou nas Administracións públicas. Dous de cada tres colexiados teñen entre 20 e 40 anos e o 60 por cento son mulleres, segundo os datos aportados dende o propio órgano.
>Aprobado
o Decreto polo que se crea o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia
O Goberno galego aprobou o xoves 27 de marzo a creación do Colexio
Oficial de Biólogos de Galicia, que se segrega así da
entidade que os agrupaba a escala nacional.
Segundo se recolle no Decreto, a segregación terá vixencia
dende o momento da entrada en vigor da normativa autonómica de creación
do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Con este obxecto,
a Delegación de Galicia da entidade de ámbito nacional presentou
ante a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local
a solicitude de creación do devandito colexio, que terá como
ámbito territorial a Comunidade Autónoma de Galicia.
O Decreto autorizado establece que a Xunta de Goberno da Delegación
de Galicia deberá constituírse como comisión xestora
do novo colexio. Esta comisión será a encargada de aprobar,
no prazo máximo de seis meses contados a partir da entrada en vigor
do devandito texto legal, uns estatutos provisionais. Estes estatutos regularán
a Asemblea colexial constituínte e a forma de convocatoria, que deberá
ser anunciada, cun mínimo de vinte días de antelación,
no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión de
Galicia. Unha vez aprobados os estatutos, éstes deberán remitirse
á consellería con competencias en materia de colexios profesionais,
para que proceda á súa aprobación definitiva.
Notas de prensa
Día Mundial dos Humidais 2008
http://www.biologosdegalicia.org/pdf/dia_humedais.pdf
Declaracións colexiais
Declaración do Colexio sobre o Parque Nacional
das Illas Atlánticas
|