formato para impresión...............................


QUE É SER BIÓLOGO    


Que é ser biólogo
Dende a creación do COB existe a profesión de biólogo (Lei 75/1980, de 26 de decembro). O seu artigo 3 especifica que a integración no COB é obrigatoria para exercer a profesión. É dicir, só somos biólogos os que estamos integrados no COB; os licenciados ou doutores en Bioloxía que non o están non son biólogos. Isto enténdese perfectamente cando falamos de licenciados en Dereito e avogados, ou licenciados en Medicina e Cirurxía e médicos.




Quen pode ser biólogo Calquera titulado universitario en Ciencias Naturais, Ciencias (Sección Biolóxicas), Ciencias Biolóxicas, Bioloxía, Bioquímica... Diversas titulacións académicas dan orixe a un único título profesional, o de biólogo. Os colexios oficiais de biólogos outorgan o título profesional de biólogo ós licenciados antes indicados unha vez inscritos neles.

 
 
[ Lonxa de Vigo. Recollendo copépodos, parásitos en marraxos (lsurus oxyrinchus). Proxecto GEAS /Universidade de Vigo. XI/2003 ]