SERVIZOS COLEXIAIS   



> Visado de proxectos profesionais



O Visado é un acto colexial de control da actividade profesional dos colexiados.
O artigo 5q) da Lei 2/1974, de 13 de febreiro, de Colexios Profesionais atribúe a estas corporacións a función de "visar los trabajos profesionales de los colegiados, cuando así se establezca expresamente en sus Estatutos generales". A xurisprudencia sinala que o visado non é un mero selado da documentación na que se plasma un traballo profesional, senón que supón a acreditación colexial de:


> A identidade e habilitación do autor (por exemplo, carencia de sanción disciplinaria)


> A corrección e integridade formal, así como a apariencia de viabilidade legal do traballo


> A observancia das normas colexiais polo autor (por exemplo, inexistencia de incompatibilidades)

O Visado convértese nun instrumento de control da condición de colexiado do autor do proxecto e da súa capacidade técnica, corporativa, legal e deontolóxica, así como de vixilancia do réxime de incompatibilidades e da apariencia de corrección legal do proxecto a visar. Polo tanto, o visado non ten ningunha función de control da calidade dos traballos profesionais.


· Ademais destes aspectos formais, o Visado Colexial tamén ten outras funcións:


> Evitar que o traballo profesional estea suxeito exclusivamente ós intereses do cliente


> Evitar que poida ser susceptible de ser modificado a posteriori por intereses alleos ós seus obxectivos


> Evitar que sexa aproveitado por terceiras persoas que non dubidan en parasitar o esforzo alleo


> Xustificar a experiencia investigadora como mérito para a Selección de Persoal Docente Interino e Contratado polas Universidades (Profesor Asociado)


> Xustificar a competencia dos profesionais diante da Administración xudicial en defensa dos intereses profesionais


> Garantir ó colexiado a existencia dunha copia do seu traballo profesional nos arquivos colexiais, en caso de extravío


Aínda que a Administración pública (receptora última de aprobacións, adxudicacións, concesións, autorizacións, permisos, licencias) non estableza expresamente a condición obrigatoria de que os traballos profesionais sexan avalados pola sinatura do biólogo ou técnico competente nin a necesidade de Visado Colexial, insistimos na absoluta conveniencia e utilidade deste trámite, que non é especialmente complicado nin custoso. Existe un Regulamento de Visado Colexial a disposición dos interesados.


 
 
[ Cabo Vilán. Control costeiro para GEAS (Grupo de Estudio de los Animales Salvajes despois da marea negra do Prestige) 2003 ]