| ___________________________________________________________________________________________ SERVIZOS COLEXIAIS Os fins e funcións do COB aparecen recollidos nos seus Estatutos (artigos 4 e 5 do Real Decreto 693/1996, de 26 de abril): a ordenación do exercicio da profesión de Biólogo en tódalas súas formas e especialidades, a promoción, salvagarda e observancia dos seus principios deontolóxicos e éticos, a promoción e fomento do progreso da Bioloxía e a colaboración cos poderes públicos na consecución dos dereitos individuais e colectivos recoñecidos pola Constitución. En canto ós servizos que presta, nun ámbito moito máis práctico, inmediato e cercano ó colexiado, poden concretarse en: > Bolsa de emprego > Actividades formativas: cursos, xornadas, seminarios... > Boletín informativo e NOVAS COBGA: Ofertas de traballo, bolsas, axudas, subvencións, congresos, cursos, lexislación... Pódense recibir por e-mail > Cualificacións de Biólogo: Especialista en Análises Clínicas, Especialista en Saúde Pública e Especialista en Reproducción Asistida Humana > Declaración de Actividade Docente > Homologación de Laboratorio de Análises Clínicas > Certificado de Boa Práctica de Experimentación con Especies Animais, incluída a humana > Título de EurBiol > Compulsa de documentos > Asesoría e defensa xurídica > Tarifas de Honorarios Profesionais > Póliza de Responsabilidade Civil > Ficheiro de Expertos > Rexistro Ibérico de Biólogo Profesional de Medio Ambiente > Publicacións: A Profesión de Biólogo, Temario de Oposicións de Secundaria, Xestión Cinexética, Biotecnoloxía e Ensino... > Trato diferencial en productos e servizos diversos (entidades bancarias, seguros de automóbil, librerías, hoteis...) > Visado de proxectos profesionais O Visado é un acto colexial de control da actividade profesional dos colexiados. O artigo 5q) da Lei 2/1974, de 13 de febreiro, de Colexios Profesionais atribúe a estas corporacións a función de "visar los trabajos profesionales de los colegiados, cuando así se establezca expresamente en sus Estatutos generales". A xurisprudencia sinala que o visado non é un mero selado da documentación na que se plasma un traballo profesional, senón que supón a acreditación colexial de: > A identidade e habilitación do autor (por exemplo, carencia de sanción disciplinaria) > A corrección e integridade formal, así como a apariencia de viabilidade legal do traballo > A observancia das normas colexiais polo autor (por exemplo, inexistencia de incompatibilidades) O Visado convértese nun instrumento de control da condición de colexiado do autor do proxecto e da súa capacidade técnica, corporativa, legal e deontolóxica, así como de vixilancia do réxime de incompatibilidades e da apariencia de corrección legal do proxecto a visar. Polo tanto, o visado non ten ningunha función de control da calidade dos traballos profesionais. · Ademais destes aspectos formais, o Visado Colexial tamén ten outras funcións: > Evitar que o traballo profesional estea suxeito exclusivamente ós intereses do cliente > Evitar que poida ser susceptible de ser modificado a posteriori por intereses alleos ós seus obxectivos > Evitar que sexa aproveitado por terceiras persoas que non dubidan en parasitar o esforzo alleo > Xustificar a experiencia investigadora como mérito para a Selección de Persoal Docente Interino e Contratado polas Universidades (Profesor Asociado) > Xustificar a competencia dos profesionais diante da Administración xudicial en defensa dos intereses profesionais > Garantir ó colexiado a existencia dunha copia do seu traballo profesional nos arquivos colexiais, en caso de extravío Aínda que a Administración pública (receptora última de aprobacións, adxudicacións, concesións, autorizacións, permisos, licencias) non estableza expresamente a condición obrigatoria de que os traballos profesionais sexan avalados pola sinatura do biólogo ou técnico competente nin a necesidade de Visado Colexial, insistimos na absoluta conveniencia e utilidade deste trámite, que non é especialmente complicado nin custoso. Existe un Regulamento de Visado Colexial a disposición dos interesados. > Biblioteca especializada [Os nomes subliñados corresponden a colexiados do COBGA] Agricultura · Newsletter. Nº 40 (I/02). Nº 41 (II/02). Nº 42 (III/02) Edita: DG Agricultura GE www.europa.eu.int/comm/agriculture/index_es.htm Aves · VII Anuario das Aves de Galicia 1999. R. Salvadores e C. Vidal (coords.). Edita: Sociedade Galega de Ornitoloxía. Patrocina: COBGA. 2002. 76 pp. Biodiversidade · Cadernos de Biodiversidade. Nº 8 (X/01). Edita: CIBIO http://www.ua.es/centros/ciencias/carn/CIBIO.html Bioloxía · Memòria 2001. Col.legi de Biòlegs de Catalunya. 34 pp. www.cbcat.net Biotecnoloxía · Innovation and competitiveness in European biotechnology. Enterprise Papers Nº 7-2002. Edita: CE DG Empresa. 2002. 103 pp. Bosques e Montes · A cultura da árbore. Revista da Asociación Española de Arboricultura. Nº 31 (II/02) Ecoloxía · Plan de acción para os espazos naturais protexidos do Estado español. M. Múgica e Javier Gómez-Limón (coords.). Edita: EUROPARC-España/Fundación Fernando González Bernáldez. 2002. 165 pp. · Clean Products and Processes (Phase I). 2000 Annual Report. NATO/CCMS Pilot Study. Nº 242. Edita: OTAN. III/2001. 179 pp. www.nato.int/ccms · Network 21. Nº 14 (primavera/verán 2002). Edita: The Conservation Foundation www.conservationfoundation.co.uk · Daphnia. Nº 27 (I/02). Edita: CC. OO. 16 pp. · Orekan. Boletín informativo sobre a producción limpa na industria vasca. Nº 21 (III/02) www.ihobe.es · Info APROMA. Nº 7 (II/02) www.ictnet.es/+aproma · Carrizal. Boletín de divulgación ambiental da Comarca do Baixo Miño. Nº 108 (II/02), 109 (III/02), 109 (IV/02) www.anabam.org · Greenpeace. Revista trimestral. I/2002 www.greenpeace.es Europa · Boletín Galicia Europa. Nº 122 (I/02); Nº 123 (II/02). Edita: Fundación Galicia Europa www.fundaciongaliciaeuropa.org · Le Magazine. Education and culture in Europe. Nº 15-2001. Edita: DG Educación e Cultura CE http://europa.eu.int/comm/dgs/ education_culture/index_en.htm Farmacia · Pharmaceutical Technology Europe. Vol. 14, Nº 1 (I/02). Vol. 14, Nº 2 (II/02). Vol. 14, Nº 3 (III/02) www.pharmaportal.com Investigación · RTD info. Magazine for european research. Nº 32 (XII/01). Edita: DG Investigación CE. www.europa.eu.int/comm/research · Euroabstracts. Vol. 40-1/2002. Getting serious about women in research www.cordis.lu/euroabstracts/en/home.html Lexislación · Autodiagnóstico lexislativo. Edita: Goberno Vasco. Depto. Ordenación do Territorio e Medio Ambiente-IHOBE. 2002. Éuscaro-castelán. 34 pp. Medio · Guía Práctica da "Oficina Verde". Edita: Goberno Vasco. Depto. Ordenación do Territorio e Medio Ambiente-IHOBE. 2002. Éuscaro-castelán. 43 pp. · O esforzo da UE en materia de protección da natureza. Edita: CE DG Medio Ambiente. 2002. 22 pp. · Medio ambiente para os europeos. Nº 9 (II/02). Edita: CE DG Medio Ambiente http://europa.eu.int/comm/environment/emas Pesca · Guía do Consumidor de Peixe de Galicia. Ramón Rivas, Ricardo Rodríguez, Raúl Veiga, Juan José Valiela, Beatriz Cedrón, Félix Lorenzo, Mª dos Ánxeles Santorum. Edita: Consellería de Pesca. 1999. 199 pp. · Pesca internacional. Nº 17 (II/02). Nº 18 (III/02). Nº 19 (IV/02). 50 pp. Publicacións de organismos · Galeduso. Revista do Colexio de Educadores Sociais de Galicia. Nº 0 www.colexioeducadores.com · MAPFRE Seguridad. Nº 84 (4º trimestre 2001). Nº 85 (1º trimestre 2002). Edita: Fundación MAPFRE. 80 pp. · Imos por diante. Edita: Concello de A Coruña. Papel, CD e DVD Residuos · Residuos: Xestión, minimización e tratamento. Gumersindo Feijoó Costa, Jorge Sineiro Torres. 2001. 242 pp. · Estratos. Nº 63 (primavera 2002). Edita: ENRESA. 64 pp. Saúde · Informática e saúde. Nº 34 (I/02). Especial Telemedicina. Nº 35 (III/02). Edita: Sociedade Española de Informática da Saúde www.seis.es · Informativo Médico. Nº 23 (VIII-XII/01). Edita: Colexio Oficial de Médicos de A Coruña · Foodtoday. Nº 31 (II/02). Edita: EUFIC www.eufic.org www.coolfoodplanet.org · Alimentación, Nutrición e Saúde. Vol. 9, Nº 1 (I-III/02). Edita: Instituto Danone · Consumer. Nº 52 (II/02). Nº 53 (III/02) Nº 54 (IV/02). Edita: EROSKI www.revista.consumer.es Solos · Comparative Evaluation of European Methods (CEEM) for Sampling and Sample Treatment of Soil. Edita: CE. Centro Común de Investigación. Instituto de Medio Ambiente. 2001. 160 pp. Tecnoloxías · Evaluation of Demonstrated and Emerging Technologies for the Treatment of Contaminated Land and Groundwater (Phase III) www.nato.int/ccms -2000 Annual Report. NATO/CCMS Pilot Study. Nº 244. 248 pp. -2000 Special Session: Decision Support Tools. NATO/CCMS Pilot Study. Nº 245. 135 pp. -CD-ROM. Pilot Study Reports 1985-2000. Edita: OTAN/CCMS. I/2001 · CORDIS focus RTD Results Supplement. Nº 32 (I/02) Technology opportunities today. Edita: Programa Innovación da CE · Innovación & Transferencia de Tecnoloxía. Nº 1/02. Nº 2/02. Edita: DG Empresa CE www.cordis.lu/itt/itt-es/home.html · Model requirements for the management of electronic records. European Archives News Supplement VI. Edita: CE. 2001. 94 pp. Viticultura · Rías Baixas. Nº 9 (III-VI/02). Edita: CRDO Rías Baixas |
___________________________________________________________________________________________ |