Servizos colexiais

O COBGA ofrece aos seus colexiados unha serie de servizos destinados a mellorar a súa formación, a facilitar o acceso ao mercado de traballo e a favorecer o desenvolvemento da práctica profesional.

Actividades formativas

O Colexio organiza cursos, xornadas, seminarios… de interese para futuros titulados e para profesionais en activo.

Asesoría e defensa xurídicas

Podes formular ao Colexio as dúbidas e consultas que precises en materia xurídica.

Biblioteca especializada

O COBGA ten unha biblioteca especializada a disposición dos colexiados. Está pendente de crearse un arquivo con todos os fondos, para poder consultalos a través da páxina web.

Bolsa de emprego

Compulsa de documentos

Directorio de biólogos de Galicia

A finalidade desta sección é dar a coñecer os profesionais da Bioloxía á sociedade en xeral. E, de xeito máis específico, é unha fonte á que poden acudir os empresarios ou particulares que desexen solicitar os servizos dun biólogo cun determinado perfil, coñecementos e/ou experiencia.

Póliza de Responsabilidade Civil

Publicacións outros COBs

Vantaxes para colexiados

Os colexiados terán un trato diferencial á hora de acceder a produtos e servizos diversos: entidades bancarias, seguros, librerías, hoteis… Ver as ofertas.

Visado de proxectos profesionais

Rexistro de Traballos Profesionais

Sociedades Profesionais

Consulta os pasos que deben seguirse para a constitución dunha sociedade profesional.

Novas COBGA

Boletín semanal e mensual con información de interés: Emprego, Bolsas, Subvencións, Cursos, Congresos, Lexislación,...