Certificación de Biólogo/a Ambiental do Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos.

No Pleno do CGCOB do 19 de novembro de 2022, no punto 5 da orde do día, aprobouse a certificación de Biólogo/a Ambiental (documento RS 118-22 CG), co obxectivo de regular esta actividade profesional e crear o Rexistro Nacional de Biólogo/a Ambiental (RNBA). 

REQUISITOS para solicitar e obter a Certificación de Biólogo/a ambiental: 

1. Estar en posesión da licenciatura ou grao en Bioloxía e que, mediante certificación expedida polo Colexio Oficial que corresponda, acrediten exercer actividade ambiental de acordo con as áreas de coñecemento do documento que figura como Anexo

2. Estar colexiado na actualidade e completar un mínimo de tres anos de colexiación nalgún colexio territorial. Contemplaranse polos tribunais cualificadores e a comisión de certificación excepcións convenientemente xustificadas. A baixa como colexiado equivalerá á perdida da certificación e a eliminación do RNBA.

3. Traballar nalgunha das actividades reflectidas no documento que figura como Anexo: “Áreas de coñecemento para a certificación de Biólogo Ambiental” un mínimo de tres (3) anos durante o últimos dez anos a contar desde a data de solicitude.

FORMULARIO a cumprimentar con documentación imprescindible. As solicitudes faranse vía telemática, cumprimentarase os seguintes datos e subindo os documentos marcados en negrita:

Datos solicitados:

1. Nome e apelidos.

2. Número de colexiado.

3. Número do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Tarxeta de Identidade do Estranxeiro (TIE).

4. Data de nacemento.

5. Sexo: Home/Muller/Outro.

6. Nacionalidade.

7. Correo electrónico a efectos de comunicación.

8. Outros medios ou lugar a efectos de comunicacións.

9. Titulación (Licenciatura ou Grao).

10. Situación de exercicio profesional: Indicar localidade e provincia.

11. Centro de exercicio profesional: Centro, empresa ou institución no que desenvolve a actividade (Nome e Dirección).

12. Categoría profesional: De acordo ao posto de traballo que desempeñe no centro, empresa ou institución onde desenvolva a actividade.

Documentación:

1. Currículo normalizado (FECYT, Autonómico, Universidade ou similar) e no que constarán os requisitos, baremo e outros méritos que figuran no apartado 2 do documento RS 118-22 CG.  

2. Contrato ou certificado do responsable do centro de traballo.

3. Documentación descritiva do traballo desenvolvido (só autónomos).

4. Informe de vida laboral (Seguridade Social).

5. Declaración responsable de non ter sido suspendido ou inhabilitado para os exercicio profesional

Opcional

6. Cobertura de responsabilidade civil no ámbito de exercicio profesional.

7. Formación recibida e impartida. Diplomas, títulos, certificacións ou acreditacións oficiais.

8. Publicacións.

9. Participación en Consellos, Comités, Comisións, etc.

Posibilítase que os Tribunais Cualificadores dos Colexios Territoriais requiran, aos colexiados solicitantes, a presentación dunha Declaración Responsable ou a aplicación dun proceso de autobaremación, para xustificar e xestionar a documentación.

O Colexio poderá solicitar calquera información ou documentación que considere necesaria para a xustificación dos requisitos presentados.

Taxa: 30 euros a ingresar na conta do COBGA, indicando o nome e apelidos do/a colexiado/a e “Certificado Biólogo/a Ambiental”.

A certificación de Biólogo/a Ambiental poderá ser emitida de maneira dixital e terá unha validez de 5 anos desde a súa data de emisión, debendo ser renovada transcorrido este prazo.