Requisitos, cotas e formularios
Documentación necesaria para colexiación presencial
- Unha fotografía.
- DNI.
- Orixinal + copia do Título (Licenciatura ou Grao en Bioloxía).
Se aínda non se posúe o Título deberá presentarse unha Certificación do Pagamento dos Dereitos de Expedición do Título + copia.
- Nº de conta bancaria (20 díxitos)
- Impresos, a obter en http://www.biologosdegalicia.org/formularios.html ou que facilitará o Colexio
Cota de inscrición
- 15,00 €. Licenciados/as ou Graduados/as (data remate de estudos) nos últimos 12 meses.
- 35,00 €. Licenciados/as ou Graduados/as (data remate de estudos) hai máis dun ano.
- 2,00 €. Colexiados procedentes do Colexio de Doutores e Licenciados. Presentarán ademais o último recibo de pago.
Cota anual de Colexiación
- Normal: 150 euros
- Normal recen graduados: 75 euros.O 50% da cota normal durante o primeiro ano de colexiación para os/as graduados/as nos derradeiros 12 meses.
- Reducida: 60 euros
- Por xubilación: 0.
Lembrade que as cotas poden deducirse do IRPF
No momento da solicitude de alta aboarase a cota de inscrición que corresponda e a parte proporcional da cota de colexiación, a razón de 5,00 €/mes a cota reducida e 12,5 €/mes graduados/as fai máis dun ano ou 6,25 graduados/as nos derradeiros 12 meses. Estes pagos faranse en efectivo no caso da colexiación presencial, ou transferencia bancaria no caso da colexiación online (ver nº de conta no documento "instruccións")
Emítense dous recibos ao ano: un en xaneiro e outro en xullo, en cada caso pola metade do importe correspondente.
Formularios
No caso de colexiación presencial, podes descargar e imprimir os presentes formularios.