Órganos de goberno e representación

Os órganos de representación, desenvolvemento normativo, control, goberno e administración do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia son:

As eleccións celébranse cada catro anos.

As competencias de cada órgano así como as normas de constitución e funcionamento aparecen descritas no Capítulo V dos Estatutos.

A Xunta de Goberno está composta polo decano, vicedecano, secretario, tesoureiro e un mínimo de tres vogais. Exerce a representación do Colexio, manifesta publicamente a opinión do mesmo nos asuntos de interese profesional, representa os intereses profesionais ante os poderes públicos, organiza actividades e servizos en beneficio dos colexiados e dirixe a xestión e administración do Colexio.

A Xunta Xeral é o órgano de desenvolvemento normativo e de control da xestión da Xunta de Goberno. Está constituída por todos os colexiados con igualdade de voto e adopta os seus acordos polo principio maioritario. Aproba as modificacións estatutarias, os regulamentos de réxime interno, as normas xerais que se deben seguir nas materias de competencia colexial, as normas de honorarios orientativos...

O decano/a exerce a representación legal do Colexio nas súas relacións cos tribunais, Administracións públicas, entidades, corporacións e particulares; executa os acordos dos órganos colexiais e coordina as actuacións dos membros da Xunta de Goberno.